Esta ferramenta on-line e gratuíta permite comprobar o grao de viabilidade do teu plan de empresa por medio dunha análise económica-financieira
Para empezar a usa-la aplicación tes que rexistrarte para obter un nome de usuario e contrasinal, cos cales poderás acceder de novo á ferramenta.
Cando accedas á aplicación, poderás iniciar o teu Plan, simplemente indicando un nome e unhas características básicas como o ano de inicio da actividade, a zona xeográfica e o tipo de cooperativa que tes pensado crear.
Podes crear tantos planos de empresa como desexes, e para cada un deles, tes as mesmas opcións completas.
A nosa metodoloxía paso a paso axúdache a realizar de forma lóxixa o plan e a encher con facilidade os campos que conforman o plan de empresa.
Non terás que empregar ningunha folla de cálculo para elaborar o teu plan de empresa.
Elaborarás o teu plan cunha proxección de futuro de ata cinco anos que che permitirá ver a evolución a longo prazo.
Se tes algunha dúbida nunha parte do plan, só tes que premer un botón e un asesor resolverá a túa pregunta.
Invita a posibles socios a ver e editar o teu plan, entre todos é máis sinxelo!