Preguntas frecuentes (FAQs)

Esta ferramenta ten como obxectivo principal facilitar a posibles persoas emprendedoras o proceso de creación e posta en marcha do seu proxecto empresarial en rexime cooperativo, ao tempo que proporcionar recursos e información previa.

Os resultados dos cuestionarios deben ser tomados como consellos ou recomendacións e nunca como resultados absolutos e inamovibles. O proceso de creación e posta en marcha dunha cooperativa é dinámico e variable, polo que está suxeito as capacidades e melloras que cada persoa acade neste proceso.

Para as primeiras fases non é preciso aportar datos persoais, pero se queres entrar a formar parte da base de datos de ideas e proxectos e/ou acceder a información que existe nesta base de datos é preciso que nos facilites algunha información e te rexistres. Esta información será tratada de xeito confidencial e protexida pula Lei de protección de datos.

É preciso xa que a ferramente só funciona vía conexión. Do mesmo xeito nos distintos apartados figuran enlaces a outras páxinas que só funcionarán se dispós de conexión a internet.

No caso de que teñas calquera problema que non sexas capaz de resolver relacionado co funcionamento da ferramenta pódeste dirixir a:
Consello Galego de Cooperativas