Queres desenvolver o teu proxecto coopertativo profesional?
Queres coñecer as oportunidades de autoemprego colaborativo en 3 pasos?
Unha cooperativa é unha empresa centrada sobre todo en satisfacer as necesidades
económicas, sociais ou culturais dos seus socios e socias
Ben a través da xeneración do seu propio posto de traballo, ou ben facilitando servicios ou productos que axuden o desenvolvemento da súa actividade económica ou social, unha cooperativa é unha empresa centrada sobre todo en satisfacer as necesidades económicas, sociais ou culturais dos seus socios e socias.
Nas cooperativas non só poden traballar os socios, senon tamén poden traballar persoal por conta allea, coa ventaxa engadida de:
Traballar nunha empresa na que na elaboración do seu Plan Estratéxico e na Execución do mesmo, participaron dun xeito democrático e igualitario unha ampla representatividade dos seus socios-copropietarios.
Traballar nunha empresa que cumpre as directrices de 'emprego de calidade' marcadas pola Unión Europea.
Traballar nunha empresa na que os traballadores forman parte do itinerario formativo igual cos seus Socios